xoves, 19 de setembro de 2019

Música galega

Herdeiros da Crus  

 

Resultado de imagen de heredeiros da crusHerdeiros da Crus é un grupo de rock que nace  no ano 1992 en Castiñeiras (Ribeira), e que pronto volveríase un dos grupos mais importantes de Galiza nos últimos tempos . Entre as súas características máis salientables estaba o emprego da variante do galego local nas súas cantigas, como o uso do seseo, a gheada chegando as veces ata o "castrapo".

Os cinco membros orixinais son:

  • Tuchiño (guitarra e voz). 

  • Tonhito de Poi (guitarra rítmica e "corros")

  •  Javi Maneiro (O fillo da Necha) (voz)

  • Francisco Velo (O Jran Fran), (baixo)

  • Avelino (batería).  

O único posto que foi cambiando no grupo foi o de bateria, o cal contou con 5 músicos distintos, sendo o batería  actual Manu Rey .
 
O grupo estivo activo ata 2005, durante ese anos chegaron a publicar oito álbums. A principios de 2012 deron a coñecer o seu regreso mediante unha serie de vídeos de título Volven os máis jrandes, sen dicir nunca o nome do grupo. Levaron a cabo o concerto do seu retorno, en Ordes o 3 de marzo de 2012, na discoteca LP45. Neste concerto xuntáronse  unhas 3500 persoas. 

 Dende 2012 ata a agora teñen publicados dous álbums máis, sendo o máis recente o de 2013, o cal ten o nome  de Jard rock con fe.


















Mais información sobre o grupo nesta páxina:

P1Cambiardecor

Pulsar  espazo. Iria Costas Díaz 2ºBACH A IES Castelao Vigo