Herdeiros da Crus
Herdeiros da Crus é un grupo de rock que nace no ano 1992 en Castiñeiras (Ribeira), e que pronto volveríase un dos grupos mais importantes de Galiza nos últimos tempos . Entre as súas características máis salientables estaba o emprego da variante do galego local nas súas cantigas, como o uso do seseo, a gheada chegando as veces ata o "castrapo".
Os cinco membros orixinais son:
Tuchiño (guitarra e voz).
Tonhito de Poi (guitarra rítmica e "corros")
Javi Maneiro (O fillo da Necha) (voz)
Francisco Velo (O Jran Fran), (baixo)
Avelino (batería).
O grupo estivo activo ata 2005, durante ese anos chegaron a publicar oito álbums. A principios de 2012 deron a coñecer o seu regreso mediante unha serie de vídeos de título Volven os máis jrandes, sen dicir nunca o nome do grupo. Levaron a cabo o concerto do seu retorno, en Ordes o 3 de marzo de 2012, na discoteca LP45. Neste concerto xuntáronse unhas 3500 persoas.
Dende 2012 ata a agora teñen publicados dous álbums máis, sendo o máis recente o de 2013, o cal ten o nome de Jard rock con fe.
Mais información sobre o grupo nesta páxina:
Ningún comentario:
Publicar un comentario